Hellmüt foi un neno prisioneiro dos nazis. A continuación
relatarei a súa interesante historia.
Hellmüt vivía en Alemaña, era fillo único (ou eso era o
que lle fixeran crer), un dos poucos nesa época e de orixe xudía.
Cando Hitler chegou ao poder el vivía xunto co seu pai
agochándose en diferentes lugares ata que un día o exército os descubriu e os
levou ao campo de concentración máis próximo a Hitler.
Alí Hellmüt descobriu unha historia que fixo que se
enfadase moito co seu proxenitor. Descubriu a un neno que podería pasar
facilmente o seu irmán xemelgo (o único que non cadraba era a diferenza de
idade entre os dous cativos).
Foi entón cando empezou a sospeitar que algo estaba a
acontecer, ata que o seu pai rematou por confesar que ese neno era en realidade
seu irmán, Kedrik, que vivía coa súa nai nese campo ata que a ela a mataron por
asasinar a un soldado.
Hellmüt enfadouse moito porque seu pai non lle contara
antes a verdade e comezou a planear a súa fuga.
Hellmüt posuía un abrigo azul do que nunca se separaba. Agochárase
para que non o matasen ao terceiro día, pero os gardas pronto se decataron e
colleron ao neno do abrigo azul, quitáronllo, tirárono ao depósito da roupa e
levaron ao rapaz diante de Hitler.
A sorpresa foi que o neno ao que colleran non era Hellmüt
senón seu irmán Kedrik ao que Hellmüt lle dera o abrigo antes de que o
encontraran. El agochouse no depósito da roupa esperando a que tirasen o abrigo
porque non quería fuxir sin el. Unha vez que o tiña fuxiu por un sumidoiro,
algo que tiña perfectamente estudado. Estivo fuxitivo durante 3 días bebendo
nos regatos e comendo animais
que había polo monte. Ata que durante o cuarto día deron con el uns pilotos que
ían cara España recoller un cargamento de armas, e levaron a Hellmüt con eles.
Ese avión explotou cando ía aterrizar. Dende entón a alma
de Hellmüt percorre toda España co seu abrigo azul todas as noites de lúa chea
roubando a alma os nenos, como Hitler lla roubou a el.
MOI BO TRABALLO¡
ResponderEliminarAlba 4ºE.P
moi bonito¡
ResponderEliminarAlba 4º EP