Saltar ao contido principal

O neno do Castro (II parte)

Ó día seguinte non puiden ir ao monte para atoparme co meu amigo Cormac porque me xurdiu un problema familiar. A miña avoa puxérase enferma e tivemos que ir coidala durante case dous meses á súa casa. Cando volvín á miña casa, toleaba por ver ao meu amigo Cormac, pero como chegamos moi tarde os meus pais non me deixaron ir velo.
Ao día seguinte fun ao monte, para atoparme co meu amigo. Por moito que busquei non fun quen de dar con el. Cando comezaba a anoitecer, tiven que marchar para non preocupar aos meus pais. Pasei toda a noite en vela pensando onde podería estar o meu amigo. Aquela mañá, erguinme moi cedo. Tan pronto acabei de almorzar marchei ao monte en busca de Cormac. Atopeino ferido e con moito frío, agochado nunhas xestas.
Naquel instante non sabía que facer, decidín levalo á miña casa, pensei que os meus pais serían os únicos que me poderían axudar.
Aínda que Cormac estaba fraco, eu saquei forzas de onde non as tiña e carguei con el polo monte ata a miña casa. Cando cheguei tiven que explicarlle aos meus pais, como o coñecera, quen era, e por que o levaba para casa.
Alí o curei e o tratei moi ben, pero os meus pais non acababan de crer a historia que eu lles estaba a contar. O comportamento do meu amigo parecíalles moi estraño, porque tiña medo de moitas das cousas que para nós eran normais.
Por exemplo: cando acendín a luz pechou os ollos e asustouse, cando acendín a tele foi a tocala e comezou a berrar e a correr por toda a casa,…
Finalmente, meus pais comprenderon que o que eu lles contara tiña que ser verdade.
Cando se recuperou, quíxeno levar á súa casa e díxenlle: Cormac, vaste para a túa casa. El pareceu comprender e fixo sinais de que eu tiña razón. Sentinme moi feliz porque por fin nos empezabamos a entender.

                                                                                                                             CR 7

Comentarios

  1. Me gusta el cuento porque es muy interesante. Espero que hagas la tercera parte.

    ResponderEliminar
  2. Este conto gustoume moito. É un dos meus preferidos. Doulle as grazas ao neno/a que o fixera.(Alba 6º de Primaria)

    ResponderEliminar
  3. ¡Qué guay es el trabajo! Vicente (6º Primaria)

    ResponderEliminar
  4. Víctor, es el mejor trabajo.

    ResponderEliminar
  5. E moi bo gustoume moito son o dani de 6 de E.P.

    ResponderEliminar
  6. Gústame porque o neno é máxico. Iria A (2º Primaria)

    ResponderEliminar
  7. Gústame porque é un conto moi bonito. Hugo C (2º Primaria)

    ResponderEliminar
  8. Gustoume porque está ben. Zaira (2º Primaria)

    ResponderEliminar
  9. MOI BO TRABALLOOOOOOOOOOOOO¡¡¡¡

    ResponderEliminar
  10. É un dos mellores contos que lin, espero que fagas a terceira parte (DIANA6º de primaria

    ResponderEliminar
  11. Son Víctor de 6º. É moi bo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

ADEUS, MARTES DE ENTROIDO!

O alumnado de 1º de Primaria, despediu con moita mágoa o Martes de Entroido. Por sorte, aínda lles queda o Sábado de Piñata en Celanova! Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes escoitalos recitar uns versos como despedida desta festa que tanto lles gusta e para a que este ano prepararon máscaras de Cigarróns e Peliqueiros.