Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: September, 2014

UN LEMA PARA A NOSA BIBLIOTECA

O vindeiro 24 de outubro será o Día Internacional das Bibliotecas. Para celebralo, imos elixir o lema deste curso para a nosa biblioteca escolar.
BASES DO CONCURSO Participantes: Poderá participar todo o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria matriculado no centro durante o presente ano académico. Presentación das propostas: O obxectivo é buscar un lema para a nosa biblioteca. Por iso, os/as participantes poderán presentar as súas propostas indicando o seu nome e curso no revés da folla. Xurado: Levarase a cabo unha selección das mellores propostas que a continuación serán expostas no blog da biblioteca: http://www.bibliotecacprsagcorazon.blogspot.com.es/ A decisión final correrá a cargo do alumnado do colexio mediante votación on-line. Premios e distincións: O/A gañador/a do concurso terá a honra de ter sido elixido como o/a creador do lema arredor do que tamén se traballará durante o presente ano académico. O fallo do xurado farase …