Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2014

DIA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA

Hoxe non é un día calquera. Dende   1997 a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil promove a celebración do Día Internacional da Biblioteca cada 24 de Outubro. Como sabemos, este día ten como obxectivo destacar a importancia das bibliotecas escolares polo papel que desempeñan na educación así como promover o gusto pola lectura. Por fortuna, para moita xente (lectores/as,   mestres /as, bibliotecarios/as ...) o Día Internacional da Biblioteca segue sendo todos os días do ano así que... sigamos celebrándoo!

LEMA GAÑADOR

Xa temos lema gañador! O lema que acadou a maior cantidade de votos foi o seguinte: Si mundos maravillosos quieres conocer, coge un libro y ponte a leer. Autoras: Lucía Núñez, Sara López Sánchez, Iria Vázquez e Lizhen Ying de 6º de E.P.   Parabéns ás alumnas que o crearon e moitas grazas a todos e todas pola vosa participación. Esperámosvos na biblioteca!

UN LEMA PARA A NOSA BIBLIOTECA: FINALISTAS

Xa temos finalistas! Agora tócavos elixir a vós!  Para iso teredes que enviar un comentario indicando o número do lema escollido, o voso nome e o curso (se non ten estos datos non computará como voto) ata o vindeiro xoves 23 de Outubro (inclusive). Animádevos a participar na elección! FINALISTAS 1. Se queres pasar un gran rato, ven ler con Literrato. 2. Pasa un bo rato lendo con Literrato. 3. Aprender y soñar en un mismo lugar. 4. Si quieres aventura lánzate a la lectura. 5. Cada libro encierra un tesoro. Encuéntralo... 6. Para tu cabeza, lo mejor es ir a la biblioteca. 7. Si en el cole aprendes a leer, en la biblioteca sabrás qué hacer. 8. Si mundos maravillosos quieres conocer, coge un libro y ponte a leer.