Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2015

CELSO EMILIO FERREIRO

Celso Emilio Ferreiro Míguez naceu en Celanova o 4 de Xaneiro de 1912. Estudou cos Pais Escolapios, dos que recibiu unha formación cultural moi pouco común na época. Estivo relacionado dende moi novo co movemento nacionalista e a comezos dos anos 30 afiliouse ás Mocidades Galeguistas para iniciar unha actividade política e literaria que estaría sempre marcada polo compromiso co país. Cando estalou a guerra, Celso Emilio foi obrigado a se incorporar ao exército franquista. Estivo condenado a morte e, nas catro noites que pasou na cadea até que a familia acadou o indulto, escribiu o poema Longa noite de pedra , núcleo central do libro do mesmo título. Finalizado o conflito, cursou Maxisterio e Dereito en Santiago de Compostela. Aínda que concluíu a primeira das carreiras, nunca chegou a exercer como mestre. Casou coa súa dona Moraima e instalouse en Pontevedra. Nesta cidade fundou en 1948 a colección Benito Soto. Santiago González Gómez (6º de E.P.) Establecido en Vigo dende

ADEUS, MARTES DE ENTROIDO!

O alumnado de 1º de Primaria, despediu con moita mágoa o Martes de Entroido. Por sorte, aínda lles queda o Sábado de Piñata en Celanova! Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes escoitalos recitar uns versos como despedida desta festa que tanto lles gusta e para a que este ano prepararon máscaras de Cigarróns e Peliqueiros.