Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: March, 2015

III CERTAME LITERARIO ESCOLAR

BASES DO CONCURSO
Participantes: Poderá participar todo o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Educación Primaria e Educación Secundaria matriculado no centro durante o presente curso. Traballos: O tema é libre (literatura, historia, misterio, amor, natureza, fantasía, medo, humor,...) e só se admitirán obras orixinais e inéditas.

1ª categoría: Primeiro, Segundo e Terceiro de Educación Primaria.
O alumnado poderá participar na seguinte modalidade:
Representación gráfica dun autor/a ou obra: os traballos poderán ser elaborados con calquera tipo de material, indicando por detrás o que simboliza ou representa (Rosalía de Castro,Celso Emilio Ferreiro, Manuel Curros Enríquez, Shakespeare, Miguel de Cervantes, Julio Verne, J.K. Rowling,...)

CHARLA CON MARCOS CALVEIRO

Onte, tivemos o pracer de recibir a visita de Marcos S. Calveiro, escritor galego galardoado con premios tan importantes coma o Lazarillo ou o Merlín.  O autor explicou diferentes cuestións relativas á súa obra e ao proceso de creación literaria. Ademais, contestou á morea de preguntas que lle foron formuladas polo alumnado de Educación Secundaria. Fíxonos pasar máis dunha hora desfrutando e aprendendo das súas interesantes experiencias e antes de marchar asinou varios exemplares dalgunhas das súas obras para a biblioteca do noso centro.

Podedes atopar máis información sobre o autor premendo nos seguintes enlaces:  MARCOS S. CALVEIRO BLOG DO AUTOR

MARCOS S. CALVEIRO

Mañá recibiremos unha visita especial no noso centro. O escritor Marcos S. Calveiro (Vilagarcía de Arousa, 1968) falará co alumnado de Educación Secundaria sobre a súa obra. Marcos S. Calveiro comezou a publicar principalmente no eido da literatura infantil e xuvenil.  Tamén ten escrito poesía  e no ano 2008 publicou a súa primeira novela dirixida a un público adulto, Festina lente. En decembro de 2009 gañou o premio Lazarillo cunha novela en galego.



Obras en galego
Narrativa·Festina lente,2008, Xerais.Premio da Crítica de narrativa galega. ·Settecento, 2010, Xerais.
Literatura infanto-xuvenil·Sari, soñador de mares,2006, Tambre. ·Rinocerontes e quimeras, 2006, Tambre.

LECTURA COLECTIVA POLO DÍA DA MULLER