Saltar ao contido principal

DÍA DO LIBRO


Hoxe, 23 de abril, non é un día calquera. Hai xa algúns anos que nesta data se conmemora o Día do Libro e dos Dereitos de Autor/a. 
A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 no calendario gregoriano) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare (no calendario xuliano).
Trátase dunha data importante para o fomentar a lectura, para reforzar os vínculos entre os/as lectores/as e os libros e sobre todo para tentar desenvolver un espíritu crítico e un pensamento propio entre os/as escolares.
Por fortuna, para moita xente (lectores/as, mestres/as,bibliotecarios/as...) o Día do Libro segue sendo todos os días do ano así que… a seguir celebrándoo!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ADEUS, MARTES DE ENTROIDO!

O alumnado de 1º de Primaria, despediu con moita mágoa o Martes de Entroido. Por sorte, aínda lles queda o Sábado de Piñata en Celanova! Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes escoitalos recitar uns versos como despedida desta festa que tanto lles gusta e para a que este ano prepararon máscaras de Cigarróns e Peliqueiros.