Snoopy , o can máis filosófico, libre e irreverente, creado polo debuxante estadounidense Charles Schultz , cumpriu 65 anos o 10 de agosto de 2015, e este ano é o encargado de darvos a benvida ao novo curso 2015-2016!!!
Este espazo xorde como punto de encontro para o alumnado, o persoal docente, pais, nais e toda a comunidade educativa. Baséase na importancia de fomentar a lectura dende todos os ámbitos. Por iso animámosvos a participar de forma activa coas vosas suxerencias, comentarios, ideas, en definitiva, con todas aquelas propostas que nos permitan mellorar día a día.