Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: November, 2016

O Principiño Primaria

De xeito similar ao alumnado de Infantil, os nenos e nenas de Primaria tamén traballaron co libro de O Principiño e visitaron a biblioteca.
E para que vexades o que fixeron deixamos aquí algunhas fotografías,...

O alumnado de primeiro decorou con plastilina debuxos dos baobabs, esas árbores que tanto preocupaban ao Principiño.




O alumnado de segundo, tivo que estruxar os miolos para imaxinar que había dentro da boa. Que fora o que comera ademais do elefante. A súas creacións son moi orixinais...



O alumnado de terceiro fixo un bonito debuxo do Principiño onde destaca unha das cualidades que sobresaen neste fermoso libro.







Os nenos e as nenas de 5º e de 6º de Primaria aínda non remataron os seus traballos. Trátase dunha actividade conxunta onde tiveron que ler todo o libro e destacar aquelas frases que máis lle gustaran (por parellas) logo recollen esa frase nun libro conxunto onde tamen hai debuxos.
Nas fotografías queda constancia da dedicación e as gañas que lle puxeron!!!






O Principiño Infantil

Para conmemorar o Día das Bibliotecas o alumnado do colexio realizou actividades baseadas no libro de O Principiño. Deste xeito visitaron a Biblioteca na procura do libro e do mural que sobre este personaxe hai na nosa biblioteca.
Todo o alumnado traballou moito e aquí deixamos uns exemplos das actividades desenvolvidas.


O alumnado de cuarto de infantil elaborou uns marcapáxinas moi bonitos!






Pola súa banda, o alumnado de quinto de Infantil fixo unhas rosas preciosas, protagonistas indiscutibles do libro!!!!.



Os nenos e nenas de 6º de Infantil tamen visitaron a biblioteca e consultaron os libros. Menudos/as lectores/as están feitos!!