Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2017
Aquí vos presentamos unha mostra das novas adquisicións da biblioteca do centro! 500 novos libros á vosa disposición!!!!
Para conmemorar o Día das Bibliotecas, 24 de outubro, o alumnado de 6º de EP realizou o libro lupa titulado : A vaca que puxo un ovo Se queredes botarlle un ollo está á vosa disposición na biblioteca do cole!!!
A continuación deixámosvos unha biografía de Carlos Casares en pictogramas. Animádevos a resolvela. Feliz Día das Letras Galegas.

LETRAS GALEGAS 2017

Premendo nas seguintes ligazóns tendes distintos crebacabezas sobre as Letras Galegas 2017, para o alumnado de Infantil e de Primaria.  Educación Infantil Lolo anda en bicicleta  A galiña azul Toribio Carlos Casares 1º e 2º de Educación Primaria  Toribio A galiña azul Lolo anda en bicicleta Carlos Casares 3º e 4º de Educación Primaria  A galiña azul Lolo anda en bicicleta   Toribio   Carlos Casares   5º e 6º de Educación Primaria Carlos Casares Real Academia Galega  Nos seguintes enlaces está o conto con pictogramas e o audio da obra "Lolo anda en bicicleta" Audio Conto  

Día do Libro- Gloria Fuertes

Este ano o Día do Libro adicámosllo á autora Gloria Fuertes para conmemorar o centenario do seu nacemento. O alumnado de Infantil e Primaria ilustraron unha selección de poemas da autora que podedes atopar nos vídeos seguintes clasificados por cursos.                                                           Gloria Fuertes                                          (Madrid, 1917 - Madrid, 1998) Gloria Fuertes naceu en Madrid en xullo de 1917 no seo dunha familia humilde, a súa nai, costurera e servente; o seu pai, porteiro e conserxe. A menor de nove irmáns, seis dos cales morren prematuramente, a súa infancia transcorre nas bulliciosas rúas próximas áantiga Praza do Progreso, onde aprende a linguaxe coloquial que a caracterizará. Era unha nena alegre e extravertida e desde pequeña quixo escribir, pero a falta de medios lévaa a traballar enviando cartas ou contando ovos nunha fábrica. A súa nai matricúlaa no Instituto de Educación Profesional da Mulle
O Proxecto Lector de Centro continúa coas entregas de premios aos mellores lectores. No 2º trimestre. O alumnado premiado foi: -            3º E.P.: Jacobo Rodríguez Arias -            4º E.P.: Valentín Fabro López -            5º E.P.: Iria Araújo Losada -            6º E.P.: Letizia Sampayo Alvarado e Sofía Nieto Feijóo Parabéns!! Animamos a todo o alumnado a seguir esforzándose para acadar o premio nos vindeiros trimestres. Podedes conseguilo!!!

Experimentando

       Memorizar las fórmulas químicas elementales o realizar una y otra vez ejercicios no son garantía de que un/a estudiante aprenda y entienda los conceptos científicos fundamentales que se integran en su currículo educativo. Si esos mismos conceptos se enseñan utilizando como herramienta didáctica la demostración científica por medio de experimentos, es posible que se logre una mejor comprensión de los contenidos de las materias de ciencias. El alumnado de 4º, pudo determinar la acidez o basicidad de distintas substancias con un indicador natural del pH, en concreto, empleando la col lombarda. La práctica consiste en extraer la sustancia presente en esta verdura que es sensible a la acción de los ácidos y de las bases. Así podremos utilizar el extracto como un indicador químico que nos ayude a identificar el carácter ácido o básico de sustancias habituales en nuestras casas; vinagre, amoníaco doméstico, lejía, jabón neutro, agua, sosa, bicarbonato, carbonato según el color que p
O pasado 1 de marzo, a clase de 2º e a clase de  4º de EP recibiron o 2º premio na categoría de Debuxo e o 1º premio na categoría de Poesía respectivamente no Concurso de San Rosendo. Noraboa rapaces!!!!!!!

Tempo de máscaras

O alumnado de 5º e 6º de Primaria traballou o Entroido cun texto de Carlos Casares, que é o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. O texto foi publicado na Voz de Galicia no ano 2000. Carlos Casares n ado en Ourense, o 24 de agosto de 1941, aos catro anos marchou para Xinzo de Limia, onde o seu pai, Francisco Casares, traballaba de mestre. O futuro escritor vive nun ambiente entre aldeán e vilego, en permanente contacto cunha extensa familia espallada por distintos puntos da comarca, con casas en Lamas, Beiro e Sabucedo, ademais de no propio Xinzo, nas que pasará longas tempadas. É un mundo que Casares recordaría sempre con gran viveza e que reaparecerá unha e outra vez na súa obra literaria. Este artigo é unha clara mostra destas vivenzas. TEMPO DE MÁSCARAS R ecordo que eran dous homes vestidos dunha maneira estrafalaria. Non sei se ían disfrazados de mulleres, de sotas de bastos ou de algo polo estilo. Foi hai bastantes anos, cando eu era neno, e a memoria n

Día Internacional da muller e a nena na ciencia

Na seguinte ligazón temos a conferencia de Encina Calvo-Iglesias que é Doutora en Ciencias Físicas e Profesora no Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC); forma parte do grupo de investigación Propiedades Termofísicas e de Transporte de Fluídos desta universidade. Nos últimos anos traballou no tema da incorporación da perspectiva de xénero á docencia e na utilización do cinema e a literatura para motivar ao alumnado na aprendizaxe da física. A conferencia O non-lugar das científicas foi a terceira do ciclo Emakumeek zientzia egiten dute / Elas fan ciencia organizado polo Concello de Bilbao-Bilboko Udala no ano 2016. Nela, Encina Calvo-Iglesias comeza explicando o concepto de non-lugar acuñado polo antropólogo Marc Augé en 1996, relacionándoo coa invisibilidade das científicas no noso imaxinario colectivo . A conferenciante prosegue introducindo algúns exemplos do cinema e a literatura que poden axudarnos a recoñecer os méritos de moitas cientí

Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia

Desde o portal 11 de Febreiro lanzouse unha campaña relacionada co Día Internacional da Muller e a Nena en ciencia, co propósito de  facer visible o traballo das científicas ao longo da historia, crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e a enxeñería e promover prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico. Aínda queda moito por facer para romper o sesgo que existe entre os homes e mulleres no ámbito científico, e os centros educativos teñen unha labor moi importante que realizar nese sentido!!! Podedes atopar información e material en: https://11defebrero.org

Premios mellor lector/a

O Proxecto Lector do Centro premia cada trimestre os/as mellores lectores/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria como unha medida máis para incentivar a lectura. Hoxe, tivo lugar a entrega de premios do 1º trimestre. O alumnado premiado foi: -           3º E.P.: Sebastián Salgado Seijo e Marta Ferreira Díaz -           4º E.P.: Eire Rodríguez Rodríguez -           5º E.P.: Zaira Álvarez Garrido -           6º E.P.: Nerea Feijóo Fernández Parabéns!! Animamos a todo o alumnado a seguir esforzándose para acadar o premio nos vindeiros trimestres. Podedes conseguilo!!!