Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2017

Tempo de máscaras

O alumnado de 5º e 6º de Primaria traballou o Entroido cun texto de Carlos Casares, que é o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. O texto foi publicado na Voz de Galicia no ano 2000. Carlos Casares n ado en Ourense, o 24 de agosto de 1941, aos catro anos marchou para Xinzo de Limia, onde o seu pai, Francisco Casares, traballaba de mestre. O futuro escritor vive nun ambiente entre aldeán e vilego, en permanente contacto cunha extensa familia espallada por distintos puntos da comarca, con casas en Lamas, Beiro e Sabucedo, ademais de no propio Xinzo, nas que pasará longas tempadas. É un mundo que Casares recordaría sempre con gran viveza e que reaparecerá unha e outra vez na súa obra literaria. Este artigo é unha clara mostra destas vivenzas. TEMPO DE MÁSCARAS R ecordo que eran dous homes vestidos dunha maneira estrafalaria. Non sei se ían disfrazados de mulleres, de sotas de bastos ou de algo polo estilo. Foi hai bastantes anos, cando eu era neno, e a memoria n

Día Internacional da muller e a nena na ciencia

Na seguinte ligazón temos a conferencia de Encina Calvo-Iglesias que é Doutora en Ciencias Físicas e Profesora no Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC); forma parte do grupo de investigación Propiedades Termofísicas e de Transporte de Fluídos desta universidade. Nos últimos anos traballou no tema da incorporación da perspectiva de xénero á docencia e na utilización do cinema e a literatura para motivar ao alumnado na aprendizaxe da física. A conferencia O non-lugar das científicas foi a terceira do ciclo Emakumeek zientzia egiten dute / Elas fan ciencia organizado polo Concello de Bilbao-Bilboko Udala no ano 2016. Nela, Encina Calvo-Iglesias comeza explicando o concepto de non-lugar acuñado polo antropólogo Marc Augé en 1996, relacionándoo coa invisibilidade das científicas no noso imaxinario colectivo . A conferenciante prosegue introducindo algúns exemplos do cinema e a literatura que poden axudarnos a recoñecer os méritos de moitas cientí

Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia

Desde o portal 11 de Febreiro lanzouse unha campaña relacionada co Día Internacional da Muller e a Nena en ciencia, co propósito de  facer visible o traballo das científicas ao longo da historia, crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e a enxeñería e promover prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico. Aínda queda moito por facer para romper o sesgo que existe entre os homes e mulleres no ámbito científico, e os centros educativos teñen unha labor moi importante que realizar nese sentido!!! Podedes atopar información e material en: https://11defebrero.org