Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2014

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS PARA O NADAL

1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA Maruxa. Eva Mejuto e Mafalda Milhoes. OQO Editora. Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha grandísima habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude. O cullarapo Croque. Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Veloso. Neste libro atoparedes poemas que xiran sobre temas como a lingua, o amor, o respecto, a individualidade....Os textos van acompañados por unas fermosísimas ilustracións. Un bicho extraño. Mon Daporta. Kalandraka. Unha historia sen fin, porque pasando as páxinas e dándolle a volta ao conto, podedes comezar de novo.   Rima e ritmo, para descubrir a función lúdica da lectura. 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA A nena á que non deixaban ser feliz. Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Veloso. A protagonista da obra enfróntase ao patriarcado establecido nunha orde social ríxida.