Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2016

O Principiño Primaria

De xeito similar ao alumnado de Infantil, os nenos e nenas de Primaria tamén traballaron co libro de O Principiño e visitaron a biblioteca. E para que vexades o que fixeron deixamos aquí algunhas fotografías,... O alumnado de primeiro decorou con plastilina debuxos dos baobabs, esas árbores que tanto preocupaban ao Principiño. O alumnado de segundo, tivo que estruxar os miolos para imaxinar que había dentro da boa. Que fora o que comera ademais do elefante. A súas creacións son moi orixinais... O alumnado de terceiro fixo un bonito debuxo do Principiño onde destaca unha das cualidades que sobresaen neste fermoso libro. Os nenos e as nenas de 5º e de 6º de Primaria aínda non remataron os seus traballos. Trátase dunha actividade conxunta onde tiveron que ler todo o libro e destacar aquelas frases que máis lle gustaran (por parellas) logo recollen esa frase nun libro conxunto onde tamen hai debuxos. Nas fotografías queda constancia da

O Principiño Infantil

Para conmemorar o Día das Bibliotecas o alumnado do colexio realizou actividades baseadas no libro de O Principiño. Deste xeito visitaron a Biblioteca na procura do libro e do mural que sobre este personaxe hai na nosa biblioteca. Todo o alumnado traballou moito e aquí deixamos uns exemplos das actividades desenvolvidas. O alumnado de cuarto de infantil elaborou uns marcapáxinas moi bonitos! Pola súa banda, o alumnado de quinto de Infantil fixo unhas rosas preciosas, protagonistas indiscutibles do libro!!!!. Os nenos e nenas de 6º de Infantil tamen visitaron a biblioteca e consultaron os libros. Menudos/as lectores/as están feitos!!

Día Internacional da Biblioteca

O vindeiro 24 de Octubro é o Día Internacional da Biblioteca Por iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, desde 1997, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, celébrase o Día da Biblioteca, co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento á labor dos/as bibliotecarios/as. Este ano, as autoras selecionadas para a redacción do pregón e o deseño do cartel que se difunde foron as gañadoras do Premio Nacional 2015, Ledicia Costas e Elena Odriozola. Celebra con nós o Día da Biblioteca!!!! Velaquí o texto de Ledicia na súa versión galega. Un vagalume é unha illa diminuta extraviada na noite máis densa. Cen vagalumes, unha constelación misteriosa que marca o rumbo cara a outros universos. Así, con esa estratexia de luz, organízanse os libros que moran nas bibliotecas. Son aloumiños fosforescentes que incendian os soños e recompoñen os corazóns grises ata facelos recobrar o seu verme

BENVIDOS E BENVIDAS A ESTE NOVO CURSO 2016-2017!!!!

BENVIDOS E BENVIDAS A ESTE NOVO CURSO 2016-2017!!!! Xa está todo listo para o comezo do novo curso, e como non podía ser doutro modo, este blog constituirá un espazo para propiciar o intercambio de ideas e as reflexións que xordan das actividades levadas a cabo ó longo deste ano. Sabedes que o importante é interactuar e nese senso sodes parte fundamental deste proxecto. Pikachu pasou por aquí para darvos a benvida. Esperamos que esteades preparados/as para adquirir novos coñecementos, vivir novas experiencias, ... e disfrutar de todo o que conleva ir ao cole.... GO!!!!!!!

Finalistas Debuxos Certame Literario

O alumnado do centro poderá elixir unha obra gañadora entre as finalistas, o fará mediante o seu voto, para o que deberá facer un comentario no debuxo que desexe que gañe identificándose de forma correcta (ou nome e apelidos ou nome e curso, para verificar que é un voto procedente do alumnado). O día 20 de xuño farase o reconto dos votos emitidos. Manuel María  J. K. Rowling   Cervantes